Tardía edición número 13 por mor, novamente, de dificultades técnicas; esta vez o resultado foi que as voces deste programa non foron grabadas polo que non escoitaredes a voz de Sak, pero si outras duas voces.
Neste programa abrimos coa sintonía de Ultramarinho, “Toquinho na lúa”. Tras unha muda presentación:
– O mandril nas ondasHoxe Zimmer cheo de carraxe mandrílica amósanos a súa contundente visión dos feitos. Tras él seguimos a mostrarvos as músicas que por un o outro motivo non foron postas aínda como no seguinte caso, no que o dúo Canadiano Junior Boys consegue dúas cancións pop de espectacular factura, tiradas do seu So this is goodbye.
– Junior Boys – Count SouvenirsJunior Boys amósanos como será o pop do futuro, ou como facer boas cancións electrónicas no presente. – Junior Boys – First time
Quixemos recordar hoxe tamén aos New Order, e o seu último disco Waiting For The Sirens’ Call do 2005 onde nos seguen amosando que tras Joy División hai moito que dicir.
E seguindo con New Order atopamos como se pode facer unha canción dance espectacular.
– New Order – Fast SynthTras él poderedes escoitar unha fermosa voz, é a voz que nos acompañará nas cuñas de presentación, cuñas feitas polo proxecto-ds e concretamente por Iria González e Daniel Goyanes, gracias aos dous.
E agradecementos tamén a unha persoa coa que sompartín moitas parrafadas virtuais, que me amosou moita música e que é un dos podcasteiros de máis sona na terra. A seguinte música tamén foi descuberta por él.
– Begoña – CriminalEsta artista chegada de Bilbo fai un electro moi orixinal que xa se podía escoitar en 2004 no seu disco We Only Move When Something Changes.
– Begoña – ThanksE previo á sección Untitled de Ascarida, tivemos a sección poética de María Lado que non é posible escoitar. Polo que tras un interludio de Aznar tentando falar alemán no tema de Le Glamour Grotesque escoitamos o tema que nos propuxo Ascárida.
– Le Glamour Grotesque – Dexenerando a raza – The Village Orchestra – Love Theme From ‘Two Man Rumble’Voltamos con outro tema dos galegos Le Glamour Grotesque que desmostra o variado e o potencial deste grupo.
– Le Glamour Grotesque – Harry o suxoE por último unha nova sorpresa no programa de hoxe a segunda voz que poderedes escoitar, Sebastián estrea a sección Caras b e rarezas, un recuncho á música diferente onde nos amosará a outra cara da electrónica, a outra cara de famosos productores e en definitiva unha nova ollada á electrónica.

